Iago García
Iago García
Iago García

(1984) Comunicador Audiovisual. Guionista & Periodista

(1984) Comunicador Audiovisual. Guionista & Periodista

Últimos artículos publicados

10 jun 2025
Alcaraz, sobre la pista de Roland Garros, tras conseguir la victoria.

Alcaraz ganó Roland Garros, pero gran parte del premio lo cobra toda España: polémica por el dinero que Hacienda retiene del trofeo

Casi la mitad de los 2,5 millones otorgados al murciano se la lleva el fisco. El país se divide entre quienes consideran la retención un «hachazo» y los que, como el ministro de Transportes Óscar Puente, son «españoles de bien» que están «doblemente contentos»: «1,18 millones vendrán a España para nuestra sanidad y educación»

I. GARCÍA

05 jun 2025
Alba Tuñas (esquerda) e Israel Temprano (dereita), co presentador de «De 0 a 100», Iago García (centro).

Alba Tuñas e Israel Temprano: «Coas baterías dos coches eléctricos hai moitos mitos, duran moito e degrádanse pouco»

«De 0 a 100» achégase á cátedra LISTE-Resonac, na que esta última empresa, líder mundial na produción de grafito industrial, colabora con investigadores do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña co obxectivo de mellorar o almacenamento de enerxía en baterías. O programa de La Voz en colaboración coa consellería de Educación levou aos seus responsables a explicar o proxecto ao IES Monte das Moas da cidade herculina. 
O grafito ten múltiples aplicacións e pode obterse, ademais de na minaría, de forma sintética. Resonac, multinacional xaponesa con instalacións no polígono de Agrela, en A Coruña, é un dos principais provedores en todo o mundo deste valioso material. Un compoñente fundamental ademais dentro das baterías dos dispositivos electrónicos que empregamos cada día e nos cada vez máis presentes coches eléctricos. Tendo isto en conta, produciuse recentemente a alianza entre este empresa e investigadores do LISTE (Laboratorio de Investigación de Sistemas para la Transición Energética), dependente do CICA (Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía) da Universidade da Coruña (UDC). 
«Boa parte do grafito que conteñen as baterías provén sobre todo de China, por iso é tamén un material estratéxico que debemos ter en Europa e, en Resonac, queremos facelo dende Galicia», explicou Alba Tuñas, directora do proxecto de grafito para baterías da compañía, aos alumnos do IES Monte das Moas de A Coruña. 
Centro educativo, no que por certo, estudou Israel Temprano, investigador principal do LISTE e asociado da prestixiosa Universidade de Cambridge. «Dado que a cuarta parte do peso dunha batería é o grafito, un elemento que facilita a carga e a descarga mediante unha reacción electroquímica, estamos traballando arredor dese material para facelas máis duradeiras, con maior almacenamento e capaces de cargar en pouco tempo», sinala sobre os obxectivos da cátedra que comparte con Resonac. 
Ámbolos dous destacaron os avances que se produciron nos últimos tempos neste eido: «Hoxe en día, en menos de 10 minutos tes autonomía para máis de 400 kilómetros. E co software que incorporan de control de carga e os novos compoñentes, degrádanse moi pouco. Eses mitos xa non existen».

IAGO GARCÍA / SENÉN ROUCO / ÁLEX LÓPEZ-BENITO / JORGE GARCÍA

06 jun 2025
Trump y Musk asisten al lanzamiento de un cohete de SpaceX, propiedad del magnate, a finales de 2024.

Del «fantástico futuro juntos» al «francamente, me decepcionó»: la relación entre Elon Musk y Donald Trump a través de sus frases

El propietario de Tesla y X fue el gran apoyo en campaña del republicano, que le hizo un hueco en el ejecutivo al frente del departamento que llevaría la eficiencia a la administración estadounidense. Medio año después, los resultados son decepcionantes para ambos y su relación ha terminado: «Quería alguien realmente inteligente que trabajara conmigo»

IAGO GARCÍA

01 jun 2025
En la imagen superior, Luis Enrique celebrando en 2015 su primera Champions con el Barça mientras su hija agita una bandera. Abajo, el tifo desplegado por los aficionados del PSG para recordar a la pequeña, fallecida en 2019 por un osteosarcoma.

Xana, la hija fallecida de Luis Enrique, muy presente en la celebración del PSG: «No necesito ganar una Champions para recordarla»

El método del asturiano llevó a los parisinos a culminar en Múnich una temporada de triplete. Los aficionados mostraron un tifo en las gradas para recordar a la niña, víctima en 2019 de un cáncer óseo poco común. Él se puso una camiseta emulando el momento vivido hace una década por los dos, celebrando el mismo título con el Barça

Iago García

22 may 2025
César de la Fuente, en «De 0 a 100»: «Obtenemos potenciales antibióticos en horas, en vez de en años de trabajo»

César de la Fuente, en «De 0 a 100»: «Obtenemos potenciales antibióticos en horas, en vez de en años de trabajo»

O biotecnólogo e catedrático da Universidade de Pensilvania volveu ao que foi o seu instituto, o IES Eusebio da Guarda de A Coruña, para detallar no programa de La Voz en colaboración coa consellería de Educación, como aplica a intelixencia artificial na loita contra virus e bacterias superresistentes

IAGO GARCÍA / SENÉN ROUCO / ÁLEX LÓPEZ-BENITO / JORGE GARCÍA / ÁNGEL MANSO

11 jun 2025

César de la Fuente, en «De 0 a 100»: «Obtenemos potenciales antibióticos en horas, en vez de en años de trabajo»

O biotecnólogo e catedrático da Universidade de Pensilvania volveu ao que foi o seu instituto, o IES Eusebio da Guarda de A Coruña, para detallar no programa de La Voz en colaboración coa consellería de Educación, como aplica a intelixencia artificial na loita contra virus e bacterias superresistentes

IAGO GARCÍA / SENÉN ROUCO / ÁLEX LÓPEZ-BENITO / JORGE GARCÍA / ÁNGEL MANSO

20 may 2025
Kike Varela, durante unha das súas sesións.

O DJ sonense Kike Varela responde aos que lle piden que faga música en castelán: «Co galego teño ofertas a nivel internacional»

Nado en Santiago fai 29 anos, empezou con temas en inglés, pero foi con letras en galego como definiu un «estilo propio». Temas coma «Muiñeira de Chantada» ou o máis recente «Micaela» pétanno en Spotify. A súa mensaxe en redes para os que insisten en que cambie é claro: «Cando vou a festivais fóra, o galego é o que máis gusta»

IAGO GARCÍA

15 may 2025

Luis Pérez Freire, director xeral de Gradiant: «A IA non trata só de ter datos, senón de entender o que significan»

O marinense Luis Pérez Freire volveu ao que foi o seu instituto para compartir a súa traxectoria profesional, vencellada nos últimos 15 anos a Gradiant, centro tecnolóxico con sede en Vigo ao que se incorporou en 2009 para liderar a área técnica de procesado e seguridade multimedia. 
Pérez Freire explicou que Gradiant axuda a múltiples empresas a aproveitar as vantaxes da dixitalización para ser máis competitivas a través de tres áreas principais de investigación: a conectividade, a ciberseguridade e a intelixencia artificial. «Procuramos adiantarnos ao futuro e así estar preparados para o que demandan os nosos clientes», explicou na biblioteca do IES Illa de Tambo de Marín. «Son pemes, de non máis de 50 empregados e que traballan no sector tecnolóxico, as que máis botan man dos nosos recursos», sinalou quen dende hai unha década é director xeral da entidade. 
En Gradiant, xa teñen en marcha proxectos centrados nas redes 6G, que sucederán ás 5G de conexión inalámbrica, facilitando non só maior ancho de banda, senón unha latencia ou tempo de retardo mínimo, o que nun futuro próximo permitirá democratizar tecnoloxías como a conducción autónoma ou as operacións cirúrxicas a distancia. A finais deste mesmo ano, Gradiant consolida a súa aposta coa IA lanzando unha nova empresa: «Levaremos ao mundo real investigacións que fixemos nese eido, comercializando unha solución para mellorar o tratamento de enfermidades crónicas en hospitais e centros de saúde».

IAGO GARCÍA / SENÉN ROUCO / ÁLEX LÓPEZ-BENITO / JORGE GARCÍA



OSZAR »